O pasado sábado 26 un grupo de rapazas e rapaces da cidade de Ourense puidemos asistir nas Lagoas a unha serie de batallas de galos organizadas pola propia mocidade da cidade. Dende a Xuventude Comunista entendemos este tipo de iniciativas tamén coma expresións de loita. Facémolo xa que, malia non teren un carácter abertamente político e reivindicativo, este tipo de eventos demostran a capacidade da mocidade galega para conquistarmos o dereito á cultura que tanto se nos nega.
Así mesmo, queremos denunciar o lamentable papel xogado pola Policía Nacional, que obrigou a mudar o lugar do concurso e amedrentando ás persoas alí presentes. O Réxime do 78, pese a encarar xa a súa recta final, continúa a privarnos da posibilidade de acceder a unha cultura de calidade. Pode haber quen pense que se trata dunha batalla secundaria pero nós, mozas e mozos combativos, non imos ficar paradas e renunciar a un dereito tan fundamental como é o que nos ocupa. As fillas e fillos do pobo non só imos reivindicar o noso dereito democrático á cultura, senón que imos.